O lume declarouse cara á unha e media da tarde nun inmoble situado na confluencia das rúas Ramón González e avenida de Galicia. A causa exacta do inicio do incendio descoñécese, aínda que se baralla a posibilidade de que saltase dunha olla ou sartén.
Un veciño do edificio foi quen alertou ao servizo de emerxencias 112 Galicia ao observar a saída de fume. Un residente do piso superior intentou inicialmente sufocar as chamas lanzando mantas, sen éxito.
Ao chegar ao lugar, os efectivos de Protección Civil e axentes da Policía Local atopáronse cunha densa columna de fume negro que dificultaba a visibilidade. Os bombeiros de Barreiros tamén se desprazaron ao lugar e, tras comprobar a temperatura, apagaron calquera foco de calor para evitar a súa reavivación.
“"A parella de mediana idade que reside no inmoble atópase sa e salva."
A pesar de que a parella que reside na vivenda resultou ilesa, o home sufriu unha crise nerviosa e tivo que ser trasladado en ambulancia ao centro de saúde de Ribadeo polos sanitarios do 061.




