Os socorristas que vixían o areal de O Torno, na localidade de San Cibrao, pertencente ao concello de Cervo, tiveron que intervir na tarde deste venres para rescatar a tres mozas que practicaban paddelsurf. O motivo da intervención foi que o vento comezou a arrastralas mar adentro, dificultando o seu regreso á area.
Os vixilantes do areal sancibrense lograron sacar ás mozas da auga sen que se producisen maiores complicacións. As tres deportistas atópanse sans e salvas, aínda que recoñeceron pasar un momento de susto ao verse incapaces de regresar cara a terra por si mesmas.




