A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración achega 320.000 euros, mentres que a Consellería do Mar achega o resto a través de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou que a remodelación mellorará a funcionalidade, a calidade do servizo, as condicións enerxéticas, ambientais, acústicas e estéticas do edificio.
O proxecto busca adaptar o mercado aos requisitos para obter o distintivo de Mercado Excelentes, promovido polo Goberno galego, que "apela a unha imaxe de excelencia e modernidade, pero sen perder a autenticidade destes espazos e o seu vínculo coa contorna e o produto local", segundo Villares.
A intervención priorizará a posta en valor das peixerías como elemento central do mercado.
Esta actuación enmárcase no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que busca potenciar os mercados como escaparate e canle de comercialización de produtos frescos de proximidade.
O plan de dinamización tamén inclúe campañas de promoción do produto pesqueiro e da cultura mariñeira, con propostas gastronómicas e actividades en centros escolares.




