Afiliación á Seguridade Social baixa na Mariña

A comarca rexistra un leve descenso de 56 afiliados en maio, mentres que a nivel estatal o ritmo é ascendente.

Primeira plana dunha man sostendo euros cunha vila mariñá ao fondo.
IA

Primeira plana dunha man sostendo euros cunha vila mariñá ao fondo.

A comarca da Mariña rexistrou unha diminución de 56 persoas afiliadas á Seguridade Social en maio, fronte á tendencia ascendente a nivel estatal.

Mentres que en España o número de afiliados á Seguridade Social mantén un ritmo ascendente, na comarca mariñá a cifra descendeu lixeiramente. Son 26.312 persoas as afiliadas nos dezaseis municipios que conforman a Costa de Lugo, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (Ige). En comparación con maio de 2025, o decrecemento foi de 56 persoas, un porcentaxe mínimo.
As catro grandes localidades mariñás concentran o maior número de afiliados. Viveiro, a cidade do Landro, supera os 5.000 con 5.605 afiliados. Séguenlle Burela con 3.888, Foz con 3.867 e Ribadeo con 3.346.
Ademais destas, outros catro concellos superan o milleiro de afiliados: Cervo (1.516), Xove (1.348), Barreiros (1.114) e Mondoñedo (1.244). A presenza de Alcoa inflúe especialmente en Cervo e Xove.
Por zonas, a área oriental da comarca presenta menos afiliados (menos de 6.000) que a zona central (pouco máis de 11.000) e a occidental (9.260).
En canto á distribución por sectores, o sector servizos é o maioritario, representando case o 68% das afiliacións (arredor de 18.000 persoas) en decembro de 2025. Os sectores da agricultura e pesca, construción e industria completan o resto, sendo a industria o que máis persoas ten afiliadas en maio de 2025 en comparación cos outros dous.