O delegado da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe en Mondoñedo no acto oficial de entrega do título de Fillo Predilecto de Mondoñedo a Francisco Piñeiro. Villares gabou a figura de Piñeiro como autor literario e mestre, subliñando a pegada que deixou en varias xeracións de mariñáns a través do teatro e das agrupacións que impulsou.
Así mesmo, o delegado da Xunta destacou a aposta de Piñeiro pola lingua galega e polo territorio, afirmando que A Mariña “é un referente tanto na produción de ficción como nos ensaios que escribiu”.
“"O seu compromiso co ensino e coa cultura."




