O home foi trasladado ao Hospital da Mariña por persoal de Urxencias Médicas do 061. O suceso produciuse cara ás once menos vinte da mañá, cando o camioneiro se atopaba traballando na zona.
O propietario da parcela foi quen alertou á central de emerxencias do 112 Galicia sobre a incidencia, informando de que o condutor estaba ferido, aínda que non atrapado dentro do vehículo.
Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Garda Civil, por se fose necesaria a súa colaboración na xestión do ocorrido.




