A muller, duns 30 anos, precipitouse por un desnivel de aproximadamente 30 metros de altura mentres circulaba xunto a un acompañante, que presenciou o suceso. Os equipos de emerxencia desprazados ao lugar confirmaron a súa morte.
O suceso ocorreu durante a tarde do sábado e tivo un forte impacto no compañeiro de ruta da vítima. Este recibiu asistencia psicolóxica especializada a través do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
A muller precipitouse por un desnivel de aproximadamente 30 metros de altura mentres circulaba xunto a un acompañante.
Efectivos da Garda Civil de Tráfico desprazáronse ata a zona e asumiron a investigación para determinar as circunstancias exactas da caída. No operativo tamén participaron persoal do 061 Galicia e dotacións dos Bombeiros de Barreiros, encargados das labores de rescate nun contorno de difícil acceso.




