A Fiscalía solicita para o investigado, por un delito contra a seguridade viaria en concurso con dous de lesións por imprudencia grave, seis meses de cárcere e a privación do dereito a conducir vehículos durante catro anos. Segundo o artigo 47 do Código Penal, se a pena de prisión supera os dous anos, implicará a perda do permiso de conducir.
Ademais, o ministerio fiscal propón que o acusado e a súa aseguradora indemnicen de forma conxunta e solidaria á vítima con 9.052,70 euros polas lesións sufridas e 837,32 euros polas secuelas, máis o interese legal do diñeiro incrementado en dous puntos.
Os feitos ocorreron o pasado 5 de marzo de 2024, no quilómetro 14 da estrada LU-160, á altura de Alfoz. O acusado, tras inxerir bebidas alcohólicas, perdeu o control do seu vehículo, impactou contra outro turismo e arroiou a unha muller que agardaba na parada do autobús. A vítima sufriu secuelas tras 220 días de prexuízo básico.




