A primeira actuación céntrase na creación dunha infraestrutura de uso compartido para produtores da industria agroalimentaria, cun orzamento de 79.860,00 € (IVE incluído). O obxectivo é mellorar a valorización social e facilitar a comercialización dos seus produtos, subvencionada baixo o epígrafe i) do Artigo 4 da normativa que rexe a convocatoria.
A segunda intervención, cun orzamento de 12.009,25 € (IVE incluído), dedicarase á rehabilitación do Castelo de San Xoán de Bara (GA.32.089.003), incluído no Inventario de Patrimonio Cultural de Galicia. Esta actuación, subvencionable baixo o epígrafe e) do Artigo 4, busca a rehabilitación patrimonial do ben e da súa contorna.
Finalmente, a terceira actuación, cun orzamento de 10.043,00 € (IVE incluído), consiste na rehabilitación dos Servizos Sociais do concello. Créase un espazo máis humano e digno para as persoas usuarias, evitando a súa estigmatización, e responde á necesidade de implantar e mellorar servizos asistenciais, segundo os epígrafes c), f) e j) do Artigo 4.




