O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na Delegación Territorial aos membros da Agrupación Musical da Limia. O encontro prodúcese tras a sétima posición e unha medalla de ouro acadadas pola agrupación no prestixioso World Music Contest, celebrado na cidade de Kerkrade, nos Países Baixos.
Manuel Pardo trasladoulles os seus parabéns por lograr este éxito histórico nun dos certames máis esixentes da música de vento. Desta forma, a agrupación, formada en Xinzo de Limia, sitúase na elite internacional.




