Alerta por risco extremo de incendio e temperaturas de 40 graos en Ourense

A Consellería do Medio Rural advirte dunha xornada crítica con valores térmicos moi elevados en gran parte da provincia.

Imaxe xenérica dunha columna de fume sobre un monte galego.
IA

Imaxe xenérica dunha columna de fume sobre un monte galego.

Gran parte da provincia de Ourense atópase este luns en situación de risco extremo de incendio forestal, coincidindo cun aviso por temperaturas que poderían chegar aos 40 graos.

Segundo o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) publicado pola Consellería do Medio Rural para este 6 de xullo, a situación é especialmente preocupante en numerosos municipios ourensáns. Entre os concellos en risco extremo figuran A Bola, A Merca, A Mezquita, A Veiga, Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Calvos de Randín, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Laza, Lobeira, Lobios, Maceda, Montederramo, Monterrei, Muíños, O Bolo, Oímbra, Os Blancos, Ourense, Porqueira, Rairiz de Veiga, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
A alerta esténdese tamén a outras zonas de Galicia. Na provincia de Pontevedra, os concellos de Crecente, Arbo e Salceda de Caselas presentan un nivel de risco extremo. Pola súa banda, na provincia de Lugo, a situación afecta a Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.
O sistema utilizado para esta medición é o modelo canadense coñecido como Fire Weather Index. Este indicador estima a intensidade potencial que podería alcanzar un lume, sinalando que a maior valor, máis complexas resultan as labores de extinción.