Segundo o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) publicado pola Consellería do Medio Rural para este 6 de xullo, a situación é especialmente preocupante en numerosos municipios ourensáns. Entre os concellos en risco extremo figuran A Bola, A Merca, A Mezquita, A Veiga, Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Calvos de Randín, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Laza, Lobeira, Lobios, Maceda, Montederramo, Monterrei, Muíños, O Bolo, Oímbra, Os Blancos, Ourense, Porqueira, Rairiz de Veiga, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
A alerta esténdese tamén a outras zonas de Galicia. Na provincia de Pontevedra, os concellos de Crecente, Arbo e Salceda de Caselas presentan un nivel de risco extremo. Pola súa banda, na provincia de Lugo, a situación afecta a Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.
O sistema utilizado para esta medición é o modelo canadense coñecido como Fire Weather Index. Este indicador estima a intensidade potencial que podería alcanzar un lume, sinalando que a maior valor, máis complexas resultan as labores de extinción.




