A carreira, que comezou e finalizou na Casa do Pobo de Iñás, congregou a corredores de todas as idades, dende a categoría sub 14 ata a máster 65, demostrando o carácter integrador do evento. Facundo Medard foi o gañador na categoría masculina e Leire García na feminina, aínda que a organización destacou que a vitoria foi para todos os participantes que completaron a proba antes do tempo de corte establecido dunha hora e media.
A proba tamén contou cunha notable participación da veciñanza, que animou aos corredores ao longo de todo o percorrido, creando un ambiente festivo e de apoio.
Con esta primeira edición, o Concello de Oleiros suma unha nova proba ao seu calendario deportivo municipal, combinando a práctica deportiva co percorrido por un dos grandes espazos naturais do municipio, o paseo fluvial de Iñás e Nós.




