O obxectivo do encontro foi avaliar vías de colaboración conxunta entre ambas as entidades, a Xunta de Galicia e a petroleira Repsol.
Durante a xuntanza, as representantes de Repsol presentaron ás conselleiras algunhas das iniciativas que a compañía está a desenvolver, tanto a nivel corporativo como no seu complexo industrial na Coruña, enfocadas na transformación industrial e na descarbonización de procesos e produtos.




