A empresa de distribución alimentaria galega Vegalsa-Eroski comprometeuse a achegar un millón de euros para a promoción e desenvolvemento do Xacobeo 2027, converténdose en patrocinadora oficial e aliada estratéxica da celebración do Ano Santo. O acordo foi asinado na sede central da compañía na Coruña polo comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, e o director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño.
Marcos Gómez Román destacou que esta alianza público-privada permitirá impulsar a promoción e divulgación do Xacobeo 2027, así como as diferentes actividades da súa programación cultural, musical, escénica, deportiva e lúdica. Subliñou ademais que a cooperación co tecido empresarial é fundamental para incrementar o impacto social e económico da celebración.
Este convenio dá continuidade á colaboración de Vegalsa-Eroski co Xacobeo, que se remonta a edicións anteriores. Na presente edición, a empresa incrementa en máis dun 10% a súa achega económica, destinando entre 2026 e 2028 un total de un millón de euros.
O comisario sinalou a importancia de sumar á sociedade galega á celebración do Ano Santo, incluíndo administracións, empresas, asociacións e cidadanía. Tamén resaltou a dimensión económica e internacional do Xacobeo 2027, concibido como un motor económico sostible con efectos que se prolongarán ata 2028.




