O animal foi localizado arredor das 8.40 horas tras un aviso ao 112 Galicia. O operativo de rescate, que se prolongou durante varias horas, contou coa participación de Protección Civil de Arteixo, Policía Local, Gardia Civil, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia e técnicos da CEMMA.
As condicións meteorolóxicas, con ondada superior ao metro de altura, dificultaron as tarefas. A pesar de lograr remolcar ao cetáceo mar adentro coa axuda da embarcación Salvamar Betelgeuse e a colaboración de voluntarios, o animal afundiuse durante o traslado e confirmouse o seu falecemento.
Os especialistas da CEMMA descartaron que o varamento fose provocado por un ataque de orcas, a pesar das marcas visibles no corpo do animal. Segundo os técnicos, o cetáceo sufría unha delgadez extrema, o que suxire que padecía unha enfermidade previa que o debilitou ata impedir a súa supervivencia.




