A decisión de mover o evento ao Auditorio Monte do Gozo, mantendo a mesma data, débese á imposibilidade de utilizar o estadio coruñés. Esta situación provocou xa as primeiras cancelacións no sector hoteleiro da Coruña.
“"Loxicamente, se existe esta posibilidade de cancelar, pois moitos se van a ir a Santiago."
A pesar deste contratempo, o sector confía en que as habitacións liberadas poidan ser ocupadas polo turismo vacacional. Este cambio tamén desatou unha forte tormenta política, con críticas da oposición cara á xestión do goberno local.
“"en su día, ya habíamos advertido que la fecha escogida podía coincidir con eventos que se podían realizar en el estadio."
A organización do concerto detallou que as novas entradas para o Monte do Gozo estarán dispoñibles a partir do sábado ás 11:00h a través de Ticketmaster, cun prezo único de 80 euros. Os posuidores de entradas de pista ou mobilidade reducida poderán usalas directamente, mentres que os de bancada recibirán o reembolso e tiveron acceso a unha preventa exclusiva.
Paralelamente, o sector hoteleiro segue atento ao impacto do traslado temporal de voos de Santiago a Alvedro, aínda que é cedo para notar un aumento nas reservas. Un portavoz do goberno autonómico descartou a proposta de especializar os aeroportos galegos, insistindo na coordinación entre administracións para negociar coas aeroliñas.




