Persoas participantes poderán presentar, de maneira individual ou en equipos de ata cinco integrantes, unha Idea Emprendedora ou un Proxecto Emprendedor.
O certame ofrece a oportunidade de presentar as propostas ante un xurado profesional e representantes do ecosistema empresarial galego. Ademais, poderán optar a premios de ata 2.000 euros e a accésits nas categorías de innovación e responsabilidade social empresarial.
O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de setembro de 2026. A final do certame celebrarase o 29 de outubro de 2026, ás 10:00 h, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Esta iniciativa representa unha oportunidade para dar visibilidade a ideas e proxectos emprendedores, recibir recoñecemento e seguir avanzando no seu desenvolvemento.




