Os traballos, que forman parte do plan de mantemento de pasarelas na cidade, suporán a substitución completa da estrutura principal e dos elementos como as varandas. A pasarela é unha conexión esencial e un corredor accesible para todas as persoas usuarias.
A actuación buscará minimizar as afeccións ao tráfico. Non obstante, será necesario o corte da Ronda de Nelle en horario nocturno para a desmontaxe e colocación da nova pasarela. Durante o día, manterase un carril por sentido e podería haber modificacións puntuais no percorrido do último turno das liñas de autobús que transitan pola zona.
Recentemente, o Concello tamén completou a remodelación da pasarela entre estacións, que rexistra un alto volume de paso diario. O investimento total no contrato de mantemento de pasarelas para os próximos dous anos ascende a máis de 700.000 euros.




