Co obxectivo de fomentar un turismo seguro, instalaranse reposacabezas informativos nos trens Avants que conectan A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense, así como nos de Media Distancia entre A Coruña e Vigo. Esta iniciativa estará activa durante os meses de xullo e agosto.
A través de códigos QR incrustados nos reposacabezas, os pasaxeiros poderán acceder a información relevante e recomendacións de seguridade. Tamén terán acceso a contidos sobre o Plan de Turismo Seguro, o Pasaporte de Seguridade para turistas e a aplicación MiDNI, que permite a acreditación da identidade mediante o teléfono móbil coas garantías da Policía Nacional.
Esta colaboración busca achegar aos viaxeiros as ferramentas necesarias para previr posibles situacións de risco, permitíndolles gozar das súas viaxes con maior tranquilidade e seguridade.




