A manifestación, convocada pola Federación de Peñas, Riazor Blues e Old Faces, terá lugar este xoves ás 20:00 horas. O punto de encontro e saída será a praza de Pontevedra, finalizando na sede de Abanca na Rúa Nova.
A protesta céntrase nas condicións impostas para a renovación en Marathón Inferior e nos prezos dos abonos. Aínda que o club habilitou o martes unha opción para realizar parte da renovación online, esta medida non evitou a necesidade dun paso presencial pola OAD e non modificou o fondo das medidas, polo que a protesta mantense.
Segundo fontes consultadas, non houbo ningún contacto entre os colectivos e o Deportivo nas últimas horas para reconducir a situación. Ao finalizar a marcha, procederase á lectura dun manifesto.




