Unha muller que conducía o seu vehículo polo paseo marítimo da Coruña resultou positiva nun control de alcoholemia despois de sufrir un accidente esta mañá. O suceso tivo lugar sobre as 07.30 horas, á altura da rúa Sol, cando o coche impactou contra un semáforo e o muro dun aparcadoiro subterráneo.
Pouco despois do sinistro, axentes da Policía Local localizaron á muller, que inicialmente abandonara o lugar dos feitos. Tras ser sometida á proba de alcoholemia, arroxou un resultado positivo, o que podería carrexar sancións administrativas e penais.




