A formación popular acusa o executivo municipal de "improvisación" por esta decisión, que se produce despois de que o concerto fose anunciado para ese recinto hai un ano. A data do evento, o 13 de xuño, coincide cun posible play-off de ascenso do Deportivo a Primeira División, o que motivou o veto municipal ao uso do estadio.
“"Todos lle advertimos a Inés Rey deste problema de datas cando anunciou o concerto, pero preferiu abrir unha guerra co Deportivo antes de rectificar unha decisión que tomou unilateralmente e sen dialogar con ninguén."
Segundo o PP, esta situación "ofrece unha mala imaxe de improvisación e desgoberno da cidade". A decisión de non ceder o estadio para o espectáculo musical enmárcase nunha nova relación institucional co Deportivo, que contrasta co enfrontamento existente cando se anunciou o concerto. Naquel momento, o club advertira de que o recital podería carrexar "graves consecuencias" para a súa actividade.
O Concello, en colaboración coa promotora do concerto, está a buscar alternativas para que El Último de la Fila poida actuar na Coruña. Entre os recintos que se barallan para trasladar o evento atópanse o estadio universitario do campus de Elviña e os peiraos da Batería e de Calvo Sotelo.




