A gala solidaria, celebrada o pasado 13 de marzo, non só encheu o recinto senón que tamén acadou as mellores cifras de recadación en anos, destinando os fondos á labor social de Adaceco e Boanoite. Ademais da achega económica, recolléronse dúas toneladas e media de alimentos que apoiarán o funcionamento do albergue e comedor social xestionado por Boanoite.
A próxima edición do festival, prevista para 2027, xa anunciou que dedicará os seus esforzos a apoiar a Aspace e Cáritas, en lembranza das organizacións afectadas pola pandemia no ano 2020, cando a gala tivo que adaptarse ás restricións sanitarias.
Un dos fitos máis destacados desta edición foi a participación de preto de 1.300 alumnos de centros educativos de toda a cidade, a cifra máis alta rexistrada ata a data polo festival. Os estudantes convertiron o Coliseum nun escenario de convivencia, música e compromiso solidario.
A organización xa mira cara ao XXV aniversario do Festival Intercentros, que se celebrará en 2027. Esta iniciativa, nacida no 2002, consolidouse como unha cita fundamental na cidade coruñesa, e para a efeméride prevese reunir tamén a antigos participantes.




