A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, participou este martes nun encontro coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta e os concellos da área para abordar a mellora dun servizo pendente dende hai anos. Segundo o Concello, a Xunta non presentou estudos nin propostas específicas para atender esta demanda social.
“"Actualmente, trasladarse desde estes municipios en transporte público metropolitano ata os lugares de estudo ou de traballo, esixe transbordos e supón unha incomodidade e un exceso no tempo de espera para moitos usuarios."
Durante a reunión, Díaz salientou que o funcionamento actual do transporte metropolitano fomenta o uso do vehículo privado. Ademais, solicitou á Xunta a creación de aparcadoiros disuasorios para facilitar os desprazamentos en autobús dende os concellos da área cara á cidade da Coruña.
Cabe destacar que, na mesma xuntanza, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, abandonou a mesa manifestando a súa indignación pola “prepotencia” do Executivo autonómico e a falta de concreción nas propostas presentadas.




