O lume, que se orixinou presuntamente nunha butaca, rexistrouse ao redor da 1:30 horas. Un home alertou ao 112 tras observar fume saíndo das fiestras do inmoble.
Nove membros do corpo de Bombeiros da Coruña desprazáronse ao lugar. Accederon á vivenda por unha fiestra do salón e atoparon á muller falecida, con síntomas de asfixia e queimaduras, reclinada nun sofá que tamén resultou parcialmente danado, xunto cunha mesita.
Os bombeiros deron por extinguido o incendio, xa que se autoconsumiu antes da súa chegada, e só foi necesaria a ventilación da vivenda. A Policía Nacional investiga as causas exactas do suceso e da morte da muller.




