O barrio da Sagrada Familia, na Coruña, xa ten gañadora do IV Gran Concurso de Tortillas. O xurado do certame vecinal recoñeceu a elaboración de María Aira, que se impuxo a outros 17 participantes. A súa tortilla foi aclamada polo sabor e a presentación, outorgándolle o primeiro posto e un vale de compra de 200 euros.
O podio completouse con Beatriz Díaz, quen recibiu 60 ducias de ovos como premio, e Paco Botana, agraciado con seis sacos de patacas, cun peso aproximado de 150 quilos. Ademais, entre os participantes que non obtiveron premio, sortearon dúas cestas con produtos para a elaboración de tortillas.
“"A xornada sucedeu sen incidencias e con moita concorrencia, a pesar de coincidir co partido do Deportivo. O barrio animouse e podemos celebrar unha boa concorrencia. Este concurso é unha oportunidade para seguir facendo barrio, tradicións e gozar xuntos dunha xornada próxima e participativa."
A participación estaba aberta a todas as tortillas elaboradas de forma caseira. Un xurado composto por representantes do barrio, da cidade e doutras entidades avaliou o sabor, a orixinalidade, a presentación e a adhesión á tradición. A xornada estivo amenizada con música a cargo do grupo de pandereteiras Miña Xoia.




