O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deu hoxe por inaugurada a Feira do Libro da Coruña. Esta cita é a décima dun circuíto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia.
López Campos puxo en valor a feira, cualificándoa de "histórica" e destacando que nesta edición contará con 350 actividades. Convidou á cidadanía a gozar da proposta cultural nos Xardíns de Méndez Núñez, que inclúe obradoiros, presentacións de obras, sinaturas, teatro, mesas redondas, poesía e roteiros literarios.
“"o orgullo de formar parte dunha sociedade cada vez máis lectora"
O conselleiro tamén subliñou o dato do informe de hábitos lectores de Galicia en 2025, que sinala que o 96% da poboación maior de 14 anos é lectora, superando a media estatal. Destacou a "importante labor desta iniciativa para achegar a lectura a todos os públicos", aliñada coa Lei de cultura inclusiva e accesible aprobada pola Xunta de Galicia.
A Feira do Libro da Coruña, que forma parte da campaña de verán "Para gustos, cultura", permanecerá aberta ata o luns 10 de agosto. A programación iniciouse hoxe co pregón da ilustradora Bea Lema, Premio Nacional de Cómic.
A cidade herculina é a décima parada dun circuíto que percorre 13 vilas e cidades galegas, e que continuará en Viveiro (do 13 ao 19 de agosto), Foz (do 20 ao 23) e rematará en Monforte de Lemos (do 26 ao 29).




