A iniciativa As Tardes do Alfar consolídase como unha proposta cultural de calidade, gratuíta e ao aire libre, pensada para todas as familias. O Concello de Oleiros anima á veciñanza a desfrutar desta cita co talento e a cultura local, que se celebra todos os xoves do mes de xullo nun espazo aberto como son As Torres de Santa Cruz.
A partir das 19:00 h, terá lugar unha mostra de olería en vivo a cargo do recoñecido Alberto Añón. Posteriormente, ás 20:00 h, comezará o concerto da banda de rock SUPERFUZZ, coñecida polo seu son potente e enerxético, influenciado polo garage e o rock alternativo.
“"As súas actuacións en directo destacan pola intensidade e a conexión co público."
Esta edición reforza a identidade do evento como unha experiencia única que achega o talento local á cidadanía nun contorno privilexiado.




