A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe en Cambre a empresa Anaó - Fashion consulting office, asesorada no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol. A responsable autonómica puxo de relevo esta iniciativa empresarial, que se distingue por ser unha consultora de moda especializada en uniformidade e roupa de traballo, e por ter impulsado a súa propia marca, Chissio, que aposta pola produción local sen pegada de carbono.
Nesa liña, Mariño salientou o apoio proporcionado pola Rede de polos para o crecemento do negocio, garantindo a súa rendibilidade e visibilidade a través da innovación e o acceso a axudas públicas.
O Polo de Ferrol ten asesorado preto de 1.200 proxectos dentro dos máis de 2.100 da provincia da Coruña e dos case 6.900 de Galicia.
A directora xeral tamén destacou o labor do Polo de Ferrol, que xa asesorou preto de 1.200 proxectos na provincia da Coruña, dun total de máis de 2.100 na provincia e case 6.900 en toda Galicia. Con emprendedoras e emprendedores que acudiron á oficina, das cales o 60 % son mulleres, realizáronse máis de 2.500 titorías, propiciando a creación duns 170 empresas. Ademais, o Polo ferrolán organizou máis de 150 actividades, incluíndo reunións con entidades locais, formacións e eventos.




