A segunda edición do programa, dotada cun orzamento de 5 millóns de euros, comezou cunha elevada demanda, superando os 6.000 bonos descargados na primeira hora. Os bonos poderán utilizarse ata o vindeiro 20 de novembro ou ata esgotar o crédito dispoñible.
Debido ao gran interese, a Deputación ampliou ata o 20 de novembro o prazo de adhesión para os comercios, facilitando a participación de máis establecementos. Ata o momento, rexistráronse máis de 1.200 solicitudes de comercios, superando as cifras do ano anterior.
O programa está dirixido a comercios de municipios con menos de 20.000 habitantes, onde o pequeno comercio é esencial para a economía local. A Deputación tamén traballa en acordos para apoiar o comercio en municipios de entre 20.000 e 50.000 habitantes.
Os descontos aplícanse directamente na compra: 10€ en compras de 20-30€, 20€ en compras de 30-50€, e 30€ en compras superiores a 50€. Os bonos poden descargarse en www.mercanavila.gal.




