A Asociación Dano Cerebral Galicia organiza unha formación dirixida a adquirir coñecementos e ferramentas para a detección, avaliación, atención e acompañamento das persoas con dano cerebral. A iniciativa abordará aspectos cognitivos, comunicativos, funcionais e de coidado.
O curso, denominado "Atención e Acompañamento ás Persoas con Dano Cerebral", terá lugar do 1 ao 30 de outubro de 2026. Cunha duración total de 18 horas, a modalidade será de teleformación a través da plataforma en liña escoladanocerebralglicia.org.
A inscrición é gratuíta e as prazas ofertadas son 30. Esta formación está destinada a estudantes, profesionais do ámbito da saúde e coidado, así como a familiares de persoas con dano cerebral.
A iniciativa, publicada pola UDC Saudable, busca proporcionar ferramentas esenciais para mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas afectadas por dano cerebral e as súas contornas familiares e profesionais.




