A intervención, que supuxo un desembolso de máis de 18.000 euros, centrouse na substitución de especies vexetais que presentaban dificultades de adaptación por outras variedades xerófilas. Estas plantas, como diversos tipos de aloe, son máis resistentes á escaseza de auga e aos fortes ventos, garantindo unha maior durabilidade e menor necesidade de mantemento.
“"Hai que estudar que especies se adaptan mellor a cada espazo."
A rexeneración abarcou a zona verde que se estende entre o propio mirador e a avenida de Oza, mellorando así a estética e a funcionalidade deste espazo público tan visitado na cidade herculina.




