A festa, que se celebra dende 1998, preparará máis dunha tonelada de churrasco e unhas 300 racións de cochinillo, ademais de pulpo e outros produtos típicos galegos. O evento terá lugar nas inmediacións do parque acuático de Acevedo.
A xornada comezará pola mañá coas actuacións do grupo Faíscas da Pontraga e a charanga Santa Compaña. A comida popular, con churrasco, cochinillo e pulpo a 15 euros a ración, serviranse dende as 14:00 horas. Para os máis pequenos, haberá inchables gratuítos entre as 15:30 e as 19:00 horas.
Ao caer a tarde, dende as 20:00 horas, as orquestras Los Satélites e París de Noia porán a banda sonora á celebración cun concerto que incluirá éxitos actuais e clásicos dos 80 e 90.
Ademais da gastronomía e a música, a festa contará cun mercado de produtos galegos artesáns. O evento pecharase cun espectáculo de fogos artificiais ás 23:00 horas.




