A mostra, que incluíu tamén a proposta na Rúa BD, rexistrou unha notable afluencia de público nas súas exposicións e actividades organizadas polo Concello da Coruña.
A organización destaca o crecemento continuo do evento en cifras de visitas, espazos expositivos e colaboracións con entidades.
Aínda que as actividades principais xa finalizaron, as exposicións poderán ser visitadas polo público ata o vindeiro 27 de setembro. Durante este mes tamén se programarán visitas guiadas.
A sala do Kiosco Alfonso foi o espazo que acumulou máis visitas, se ben todos os recintos expositivos contaron cunha gran afluencia de asistentes.




