A actividade desenvolveuse en formato entrevista, coa participación do presidente da Asociación de Alumnos e Exalumnos da UDC Sénior en Ferrol, Antonio Polo, e da alumna do máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, Elena Mosquera. Ambos os dous trasladáronlle ao responsable policial as súas inquedanzas en materia de seguridade desde unha perspectiva intexeracional.
Durante a sesión abordáronse cuestións de especial interese social, como o papel da policía de proximidade, a atención a persoas maiores, a efectividade das denuncias, a resposta policial ás demandas cidadás e a seguridade nos espazos públicos e nas zonas de lecer.




