A titular de Mar destacou o potencial da gastronomía como ferramenta divulgativa para dar a coñecer o labor dos profesionais do sector e sensibilizar os consumidores sobre a importancia dos sistemas de certificación. A presentación tivo lugar na plataforma náutica do Parrote, en A Coruña, en colaboración con Solochefs Asesoría Gastronómica.
Villaverde sinalou que "a gastronomía é, probablemente, o vehículo máis amable, directo e eficaz para educar". A conselleira incidiu na necesidade de que Galicia, referente na calidade dos seus recursos mariños, tamén o sexa no ámbito da sustentabilidade, fomentando un consumo informado e responsable.
“"A gastronomía é, probablemente, o vehículo máis amable, directo e eficaz para educar"
O programa arranca cunha experiencia piloto no porto da Coruña que contempla a utilización dunha embarcación como aula divulgativa sobre a produción ecolóxica e os seus sistemas de certificación. Esta actividade complementase cun espazo en terra para a degustación de produtos.
En función dos resultados desta primeira fase, o Craega prevé estender a iniciativa en 2027 mediante unha ruta itinerante polos portos do litoral galego. Esta acción dá continuidade ás campañas divulgativas desenvolvidas o pasado ano nos campus universitarios das sete cidades galegas.




