O encontro, centrado nas aplicacións da computación cuántica á ciencia e á enxeñaría, reuniu a especialistas de todo o mundo para debater sobre novas metodoloxías e o seu uso en ámbitos que van desde o aprendizaxe automático ata as finanzas computacionais.
Durante o evento, expuxéronse traballos sobre o comportamento das máquinas de vectores de soporte cuánticas en contornas con ruído real, así como técnicas para a súa mitigación. Esta liña de investigación busca explorar o potencial das tecnoloxías cuánticas para mellorar o procesamento e a análise de datos.
Así mesmo, presentouse unha proposta integral para a valoración de opcións financeiras multidimensionais mediante tecnoloxía cuántica, detallando o proceso necesario para realizar estes cálculos complexos de principio a fin.
A participación do CITIC nesta cita internacional subliña a actividade do centro coruñés no ámbito da computación cuántica aplicada e o seu interese por trasladar estes avances científicos a problemas computacionais concretos e de alta complexidade.




