A formación nacionalista reprochou ao goberno municipal o que considera un "fallo na xestión económica", tras coñecerse un informe do interventor que sinala un déficit en termos de estabilidade orzamentaria ao peche do ano 2025.
“"Este déficit é por culpa dun problema de xestión económica, gastouse máis do que había."
Ante esta situación, o BNG solicitou a elaboración dun plan económico e financeiro, subliñando que é unha obriga legal. A formación estableceu "varias liñas vermellas" para manter o seu apoio, entre as que destacan a intocabilidade dos investimentos nos barrios e a prohibición de recortes nos servizos públicos.
“"Se non se cumpre, rompemos pactos orzamentarios porque toda esta información se nos ocultou cando negociamos o orzamento de 2026."
A concelleira tamén criticou a "falta de respecto e de transparencia" por parte do goberno local, indicando que a información relevante non foi compartida durante as negociacións do orzamento para o ano 2026.




