A actuación tamén inclúe accións de repintado e axustes puntuais para distribuír máis eficientemente os espazos da contorna. Unha das novidades é o reordenamento das zonas de estacionamento, que busca aumentar o número de vehículos que poderán aparcar, respondendo así a unha demanda veciñal.
Levando a cabo unha racionalización das áreas habilitadas para estacionar, gañaranse tamén novos espazos. Elimináronse ademais algúns elementos que puidesen supoñer un obstáculo para os vehículos da zona.
A obra está a realizarse por tramos para permitir en todo momento o acceso aos residentes. O concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín, destacou que o reacondicionamento é fundamental xa que a rúa acolle áreas residenciais, un centro de formación da Cruz Roja, a comandancia da Guardia Civil e a comisaría da Policía Nacional.




