O DATAfórum Justicia 2026, un congreso nacional sobre innovación, datos e transformación dixital na Administración de Xustiza, ofrecerá o concurso aberto "Arte y Justicia en la era de los datos". A inscrición para este certame permanecerá aberta ata o próximo 15 de setembro.
O evento, que se desenvolverá na cidade entre o 21 e o 23 de outubro, está organizado polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, en colaboración co Concello da Coruña e a Universidade da Coruña, co apoio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
“"A Coruña é unha cidade aberta e vibrante. Unha das moitas probas disto é a cantidade de congresos nacionais e internacionais que nos últimos anos nos elixiron. Neste caso, é un orgullo acoller o que é o principal encontro nacional sobre innovación, datos e transformación dixital na Administración de Xustiza."
O concurso está aberto a artistas emerxentes e creadores con traxectoria, e conta con tres categorías: xuvenil, adulta e persoas con discapacidade acreditada. As propostas seleccionadas formarán parte da exposición oficial do DATAfórum Justicia 2026, co obxectivo de achegar a linguaxe artística aos retos actuais.
As propostas artísticas deben remitirse a través da páxina web do congreso, cubrindo dous formularios: un para o envío anónimo do traballo e outro para os datos persoais, garantindo así a transparencia no proceso de selección.
Tras superar os 1.500 asistentes na súa última edición, o DATAfórum Justicia amplía os seus contidos este ano con novas relatorios, mesas de debate, obradoiros e cursos. Reunirá a representantes institucionais como o ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a fiscal xeneral do Estado, Teresa Peramato, xunto a profesionais do ámbito tecnolóxico, académico e empresarial.




