A intervención, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de novembro, contempla a integración dunha nova sala de resonancia magnética coa instalación existente e a mellora da distribución funcional da área asistencial. O proxecto inclúe tamén catro despachos de informes, unha zona de recuperación, unha área de control, tres cabinas e aseos diferenciados.
O obxectivo da actuación é optimizar a organización dos espazos e os percorridos interiores, garantindo a compatibilidade da nova unidade coa actividade habitual do hospital e coas esixencias técnicas específicas deste tipo de instalacións.
“"A delegada lembrou que tamén se adxudicou recentemente a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra da Fase 0.2 do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), por un importe de 321.395 euros."
Esta Fase 0.2 desenvolverase sobre 2.475 m2 da 5ª planta do centro e inclúe a reforma e ampliación da unidade de diálise e da unidade de reanimación (1.256 m2), así como o acondicionamento da ala norte para crear unha unidade de probas funcionais de pneumoloxía e rehabilitación cardio-respiratoria (848 m2). Ademais, ampliarase o ximnasio e as salas de terapia ocupacional da unidade de lesionados medulares (371 m2).




