O campus desenvolverase no campo municipal Borja Rodríguez Ans dende o 29 de xuño ata o 4 de xullo. As actividades terán lugar de luns a sábado, en horario de mañá, dende as 9:30 ata as 14:00 horas.
Os participantes poderán gozar dunha semana de adestramentos específicos, sesións de tecnificación e mellora individual, ademais de diversas actividades lúdicas. Ademais, está prevista a visita de adestradores da academia do prestixioso club madrileño.
Ao finalizar a experiencia, cada participante recibirá un diploma acreditativo, unha equipación oficial do club e outros recordos. A cota xeral de inscrición establécese en 235 euros. Os antigos participantes terán unha tarifa reducida de 220 euros, mentres que os socios da U.D. Carral e irmáns de asistentes de edicións anteriores pagarán 210 euros.




