O lume orixinouse sobre as sete e cuarto da tarde e, segundo informaron os efectivos desprazados ao lugar, afectou principalmente a material plástico nas dependencias da planta superior, concretamente nunha zona de oficinas próxima ao tellado.
Ata o lugar desprazáronse catro dotacións dos Bombeiros e efectivos da Policía Local, que xa deron por extinguido o incendio. As causas exactas do suceso aínda se descoñecen, aínda que se baralla a posibilidade de que as altas temperaturas que azoutan a cidade poidan estar relacionadas.
Por fortuna, os tranvías históricos que se aloxan nestas cocheras non sufriron danos a causa do incendio.




