A partir das 19:00 h comezará a mostra de olería en vivo a cargo de Alberto Añón. Máis tarde, ás 20:00 h, terá lugar o concerto de Silvia Penide, unha vocalista galega cun estilo íntimo e emocional.
A música de Silvia Penide combina pop de autor con letras coidadas e unha interpretación delicada, destacando pola súa proximidade e autenticidade.
As Tardes do Alfar consolidan nesta nova edición a súa identidade como unha experiencia única, ofrecendo un plan cultural de calidade, ao aire libre e de balde para todas as familias.
O Concello de Oleiros convida á veciñanza a gozar desta cita co talento e coa cultura local todos os xoves do mes de xullo, nun espazo aberto e de lecer como son As Torres de Santa Cruz.




