A iniciativa buscou visibilizar a importancia do benestar psicolóxico. A marcha partiu desde o Xardín Botánico tras a lectura dun manifesto conxunto que reclamaba unha maior concienciación, empatía e recursos asistenciais para as persoas con doenzas mentais e as súas familias.
O acto contou coa presenza do alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, xunto con concelleiros e concelleiras dos grupos do PP e BNG. A camiñada, unha ruta accesible para todas as idades, finalizou no mesmo lugar de partida.
“"Menos estigma, máis comprensión. Igualdade para a saúde mental. Máis escoita, máis recursos."
O Concello reafirma o seu compromiso co tecido asociativo sociosanitario, promovendo espazos de convivencia que axuden a romper o estigma social que aínda rodea á saúde mental.
O deseño desta páxina web forma parte das actuacións de difusión do proxecto DINAMO, financiado polo FEDER.




