Esta iniciativa foi anunciada por José Manuel Álvarez Campana, presidente de Sumarte, durante a xornada técnica “Dixitalización e gobernanza da auga”. O evento, organizado pola Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (Aeopas), tivo lugar no Centro Arteixo Innovación e reuniu a preto de 500 profesionais do sector.
“"Estamos preparando unha app para que os usuarios poidan, unha vez instalado o seu contador dixital, ver os seus consumos. Queremos darlles ese input de transparencia."
A implantación desta tecnoloxía en Arteixo comezou en marzo coa instalación de 11.300 contadores de auga dixitais de última xeración en vivendas, un proceso que, segundo fontes municipais, avanza a “moi bo ritmo”.
Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou a necesidade dunha maior coordinación entre os organismos públicos de xestión da auga en Galicia para optimizar os servizos. Vázquez lembrou que na comunidade interveñen catro organismos de conca e destacou os esforzos da Xunta na dixitalización, como a instalación de estacións de control continuo e a mellora do sistema de predición de inundacións.




