Amplían a unidade de resonancia magnética do Chuac cun investimento de 1,4 millóns

A Xunta licita a obra que integrará unha nova sala e mellorará a organización dos espazos asistencias no complexo hospitalario.

Imaxe 1 de 4 asociada á nova

Xunta de Galicia · 2026-10-18

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o xerente da área sanitaria, Luis Verde, supervisaron a zona do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) onde se prevé a ampliación da unidade de resonancia magnética, unha obra recentemente licitada cun orzamento de 1,4 millóns de euros.

A intervención, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de novembro, contempla a integración dunha nova sala de resonancia magnética coa instalación existente e a mellora da distribución funcional da área asistencial. O proxecto inclúe tamén catro despachos de informes, unha zona de recuperación, unha área de control, tres cabinas e aseos diferenciados.
O obxectivo da actuación é optimizar a organización dos espazos e os percorridos interiores, garantindo a compatibilidade da nova unidade coa actividade habitual do hospital e coas esixencias técnicas específicas deste tipo de instalacións.
“

"A delegada lembrou que tamén se adxudicou recentemente a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra da Fase 0.2 do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), por un importe de 321.395 euros."

Belén do Campo · Delegada da Xunta na Coruña
Esta Fase 0.2 desenvolverase sobre 2.475 m2 da 5ª planta do centro e inclúe a reforma e ampliación da unidade de diálise e da unidade de reanimación (1.256 m2), así como o acondicionamento da ala norte para crear unha unidade de probas funcionais de pneumoloxía e rehabilitación cardio-respiratoria (848 m2). Ademais, ampliarase o ximnasio e as salas de terapia ocupacional da unidade de lesionados medulares (371 m2).
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (18/10/2026)