A alcaldesa, Inés Rey, despediu hoxe no Salón de Plenos do Palacio Municipal de María Pita á trintena de estudantes que participarán no programa municipal Bolsas Norteamérica. Estes mozos e mozas pasarán o curso 2026-2027 nun centro educativo do Canadá, nunha experiencia que combina formación e crecemento persoal.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, e familiares do alumnado tamén acompañaron á rexedora no acto. O grupo ten previsto a súa viaxe a Canadá para o próximo 29 de agosto.
“"Esta iniciativa é un piar fundamental da nosa programación educativa anual, porque é unha ponte que non só conduce a mellorar o idioma, senón que tamén leva a medrar como persoa. A explorar e sentir."
O Concello de A Coruña destina 650.000 euros a esta iniciativa, que cobre a estadía dun ano académico no Canadá, a convivencia cunha familia anfitrioa, a escolarización nun instituto local, a tramitación do visado, as viaxes, a asistencia sanitaria e unha axuda mensual de 120 euros. O obxectivo é facilitar unha experiencia educativa internacional inmersiva e accesible para todos os mozos e mozas da cidade.
A maioría do alumnado recibiu a bolsa económica íntegra, sufragada na súa totalidade polo Concello. A alcaldesa subliñou a importancia do programa: "É unha honra como alcaldesa poder impulsar proxectos como as Bolsas Norteamérica. Centos de mozos e mozas da cidade xa gozaron delas e volveron encantados. Esta iniciativa serve para moito máis que aprender idiomas: é unha forma de abrirse ao mundo e a outras culturas e formas de vivir, unha experiencia persoal insustituible que vos animo a aproveitar."
No acto tamén estiveron presentes Sara Otero, estudante desta edición coas mellores cualificacións académicas, e Verónica Alejandra Palacios Martínez, participante na edición do curso pasado.




