O incidente tivo lugar o pasado sábado no Roig Arena de Valencia, mentres o artista estaba inmerso na súa xira 'La insurrección'. Tras o suceso, o concerto foi suspendido temporalmente, aínda que o músico regresou ao escenario para intentar finalizalo.
Unha vez rematada a actuación, o artista tivo que ser trasladado a un hospital, onde se confirmou unha rotura de ligamentos no ombreiro. Esta lesión requirirá intervención cirúrxica, o que xera incerteza sobre as próximas datas da súa xira.
“"Espero que nos vexamos o máis pronto posible e xa vos irei contando que vai pasar co resto da xira. Eu quero estar o antes posible."
Entre as datas afectadas atópase a prevista para o 2 de maio no Coliseum da Coruña, así como outra actuación en Navarra a próxima semana. O artista comunicou a situación aos seus seguidores a través das redes sociais, mostrando optimismo a pesar da lesión.




